"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

jueves, 18 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

Fermosa data o 21 e marzo, nela celebramos a primavera con Poesía.

Lanzamos algunha proposta:

  • Gravádevos recitando un poema, un podcast, e compartídeo con nós... Despois poñeremos aquí todas as vosas voces para poder disfrutar da melodía da poesía. (Xa sabedes que podedes enviar a biblioteca.ceipxesusgolmar@gmail.com) 
  • Escribide poemas, vosos ou de libros, e colgádeos ou pegádeos na porta da aula ou na nosa Biblioteca. 
  • Queredes buscar un poema determinado? EIQUÍ o podedes buscar: por tema, por autor...
  • Que non se che ocorre ningunha palabra cando estás a crear o teu poema??? Non te preocupes, nesta páxina poden axudarte.

Mentres tanto, escoitade e lede POESÍA!!!

Poema de Antonio García Teijeiro

A bolboreta
debuxa un beixo
con moitas cores
nalgún espello.

Beixo amarelo
de noz e mel,
brinco na brisa,
luz de papel.

A bolboreta
debuxa un beixo
que rouba ó aire
moitos insectos.
Beixo violeta,
vivo lunar,
onda nas nubes,
choiva no mar.

A bolboreta
debuxa un beixo
que cando soa
racha o silencio.


miércoles, 17 de marzo de 2021

CONTOS PARA ENTENDER O MUNDO

 Non hai dúbida de que cun conto arranxamos moitas dúbidas, medos, aclaramos ideas, comprendemos sensacións e emocións...

Pois iso pretende Eloy Moreno cos seus libros "Cuentos para entender el mundo". Chegáronos os números 2 e 3.












DÍA DE PI: 14 DE MARZO


 O 14 de marzo foi declarado Día Internacional das Matemáticas pola UNESCO.

A razón, o número grego PI: se escibimos a data segundo o fan os ingleses, teremos 3/14, o noso PI (3,1416....)

O lema deste ano "Matemáticas para un mundo mellor" quere deixar claro que coas matemáticas poderemos resolver moitos problemas, hehehe.´

Lembremos que o seu significado é  a razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro.

Deixamos algunhas páxinas interesantes, por se vos queredes dar unha voltiña...


TOCAMATES: Páxina con retos, acertixos,...


COMO COMPROBAR QUE O CHOCOLATE SABE DE MATES!!



PITV: páxina web con actividades feitas por alumnado. Proxecto audiovisual da área de Matemáticas do colexio Alameda de Osuna.

ENOLA HOLMES E OS DIARIOS DE CEREZA

 Máis novas na Biblioteca, desta volta en formato de banda deseñada.


LOS DIARIOS DE CEREZA







ENOLA HOLMES











VAI DE MONSTROS...

 Dous libros moi simpáticos e agarimosos, para que leades e vexades que non son tan malos os monstros...

O GRÚFALO







LEOPOLDO, O PEQUENO MONSTRO







LIBROS PARA UN MUNDO MELLOR

 Aquí deixamos unhas recomendacións lectoras de libros que nos infoman sobre o coidado do planeta. Xa sabedes, se queredes algún, pasade pola Biblioteca:













ROSALÍA NO NOSO COLE

 Esta foi a decoración que tivemos na entrada do cole e da BE: