Disfrutamos moito con esta muller: moi inspiradora para algúns e tan interesante para outros. Multifacética.
martes, 11 de junio de 2024
ALUMNADO VOLUNTARIO
Como disfrutan os quechos cando os máis maiores lles van contar un contiño!!
Estas contadas nas aulas son sempre unha aventura e un momento moi esperado. alumnado de sexto deprimaria prepara historias e acompáñanas de actividades e pequenos agasalliños para o alumnado de infantil ou primeiro ciclo de primaria.
TARDES DE OBRADOIRO
Como vén senda xa costume, os luns pola tarde aproveitamos para xogar e ler na biblioteca.
Sempre temos algún libro que vai guiando e dando tema aoq ue imos argallar.
Nesta ocasión foi: "Soy un BLOP", de Hervè Tullet.
XANTARES GALEGOS
Dado que a diversidade, en varios ámbitos, en Galicia é algo salientable, eiquí decidimos facerlle unha mención á gastronómica.
A Biblioteca propuxo que cada aula recollese unha receita típica dalgunha comarca ou zona, e preparase unha colaxe ou maqueta.
Velaquí están estes manxares da nosa autonomía: