"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 25 de diciembre de 2013

LER NO NADAL

As recomendacións
              para estas vacacións
                       esperamos que sexan
                               do voso gusto e agrado.
                                                                     BO NADAL!!!

miércoles, 11 de diciembre de 2013

COMPARTINDO...

O que ides ver a continuación é un experimento. 
Sí. 
Un experimento!
Onde os máis pequenos demóstrannos aos adultos que non hai razón para que exista a pobreza,
                                                                                    que compartir é un feito natural...
pero que por motivos que descoñecemos ou quen on queremos coñecer...acabamos perdendo esa capacidade.

Esta campaña de ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE supón un punto de inflexión para pararse a pensar e
 A COMPARTIR

DAME UN MINUTO DE PAZ

Este vídeo é o gañador do concurso internacional de pezas audiovisuais. Pretende sensibilizar sobre a grave situación que sofren millóns de personas debido á ausencia de paz. O seu  protagonista é Unai.
Tod@s temos dereitos
                        dereito á paz
                        dereito á vida
                        dereito á dignidade
                        dereito á igualdade
                        dereito a vivir.....


lunes, 9 de diciembre de 2013

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 27 de novembro pola tardiña, as alumnas e alumnos de 3º ciclo mostraton a súa repulsa a un problema que non conseguimos controlar: a violencia.

E non só a de xénero, senón entre iguais. Todas e todos temos e merecemos o mesmo respecto, por iso
NON A VIOLENCIA
NON ÁS MALAS CARAS
NON Á FALTA DE EMPATÍA
NON
NON
E
NON

domingo, 8 de diciembre de 2013

LER...POR QUE?

Entre vós conseguides convencer ao que é igual, é dicir, a outros nenos e nenas coma vós. 
Pois ben, Sebastián, un alumno dun centro de Lugo (Nosa Señora dos Ollos Grandes) tenta convencervos do por que ler e para que....moi interesante.


NELSON MANDELA, O LIDER DA HUMANIDADE


PARA SEGUIR LEMBRANDO A ESTE GRAN HOME, NELSON MANDELA

miércoles, 4 de diciembre de 2013

DORIS LESSING


En lembranza a esta mágnífica muller, 

Doris_Lessing
View more presentations or Upload your own.
(do IES de Fene)

NADAL, NADAL

Xa se achegan esas datas que fan que naza en nós unha ilusión distinta a do resto do ano, e sobre todo nos nenos e nenas.

Tamén son tempos de pararse apensar se todo o que nos rodea é xusto, son iguais as ilusións...

Pero para ir preparando e festexando, a COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA proponvos as seguintes actividades





viernes, 29 de noviembre de 2013

DEREITOS DE TODOS: EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMD

Dende este magnífico libro atopamos unha fórmula máxica para cantar polos DEREITOS HUMANOS, OS DEREITOS DE TODOS.



Se queredes podedes vela no cine a partir do 5 de decembro, mentres tanto, déixovos o trailer da peli..




E, o mellor de todo, é a canción que reivindica eses dereitos que temos que respectar e aplicar.

lunes, 25 de noviembre de 2013

FINA CASALDERREY

O venres 22 do presente mes, a escritora Fina Caslderrey leu o seu discurso de ingreso na Real Academia da Lingua.


viernes, 22 de noviembre de 2013

DIVERSIDADE / IGUALDADE

Tendo en conta as datas que estamos a pasar:

20 de novembro, DÍA MUNDIAL DOS DEREITOS DOS NENOS
25 de novembro, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

imos ver estes vídeos que nos farán pensar...








E para cantar:


lunes, 18 de noviembre de 2013

ARTE E CIENCIA

Belén, a encargada da Biblioteca, pasouse polas clases de 6º de primaria a darlles unhas charlas sobre a exposición de Igaciencia.

Despois, eses alumnos e alumnas fixeron pequenos obradoiros para comprender algunhas cousiñas e para traballar a perspectiva das matemáticas dende outro punto de vista.




O OUTONO

No centro levouse a cabo unha orixinal posta en escea dos distintos froitos de outono.

Non faltou de nada...e destacou a creatividade dos nenos, nenas e de seus pais á hora de preparar e presentar esas creacións.

Ollade!

Hai verdadeiras marabillas.







jueves, 7 de noviembre de 2013

HISTORIA DAS MATEMÁTICAS

Xa que estamos coñecendo un pouco máis sobre ciencia e arte e matemáticas....porque non coñecer a historia das matemáticas dun xeito....distinto?


lunes, 4 de noviembre de 2013

SAMAÍN TERRORÍFICO!

Nesta semana pasada celebrouse o Samaín polo colexio...e non estivo nada mal....



SAMÁIN 2013

Nos corredores de infantil...as portas xa abrían a boca....









E os de primaria...non lle tiñan medo a nada....iso parece...





sábado, 2 de noviembre de 2013

SEMANA DA CIENCIA

Con motivo da celebración da semana da ciencia, preparouse esta presentación onde se inclúen contidos que relacionan a arte, a ciencia e as matemáticas (proposta da exposición IGACIENCIA da Deputación da Lugo).

Ademais, durante os recreos faranse obradoiros para o 3º ciclo.


viernes, 27 de septiembre de 2013

DÍA DA BIBLIOTECA

O vindeiro 24 de outubro celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA.
Invitámosvos a participar da celebración do mes da biblioteca con actividades propostas para o fomento e a aminación á lectura.

Atendendo ao cartaz, vedes que este ano convídannos á achegarnos á lectura de textos de carácter científico, textos litararios relacionados coa ciencia ou textos divulgativos.


BENVIDOS

Comeza un novo curso cheo de inquedanzas, novidades e moita ilusión.

Dende a Biblioteca "Xosé Neira Vilas" queremos darvos a benvida a un novo PROXECTO:

A FLORA GALEGA

Cada curso escollerá unha planta que xa específicamos a que grupo debe pertencer segundo a etapa:
  • EI:                flores
  • 1º CICLO:   herbas
  • 2º CICLO:   arbustos
  • 3º CICLO:   árbores
Montaremos un bosque, unha fraga, un parque, un xardín....
Calquera cousa pode saír destas aulas.

Xa vos irei contando.....

Saídos.......................................................BIBLIORETA

miércoles, 19 de junio de 2013

LECTURAS PARA O VERÁN

Xa chega a tan esperada época de descanso...ainda que o tempo non acompaña pero si o pode facer un libro ou conto que sempre consegue que esquezamos onde estamos e nos leve a lugares e momentos especiais.

Desfrutade do verán e...xa nos contaredes que aventuras vivístedes con estes libros.


lunes, 10 de junio de 2013

DA FAUNA GALEGA, MÁIS

O Equipo C....é dicir, os e as alumnas e alumnos de 5ºC elixiron as aves como tema para o PDI da Biblioteca e non vos está nada mal. É un proxecto didáctico, de invastigación e ben documentado.

Ollade e lede que sempre é necesario aprender e ampliar coñecementos...



                                                                     picade aquí

viernes, 7 de junio de 2013

DA FAUNA GALEGA

Os alumnos e alumnas de 4ºC traballaron un animal moi...máxico e que sempre se lle relaciona coa sabedoría: O BUFO.

Ademais de buscar información reproduciron un cadro de Lareo, "O Moucho", precioso e orixinal e non menos marabillosos os que estes alumnos e alumnas pintaron.


viernes, 24 de mayo de 2013

IMITANDO A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Esta é a nosa pequena homenaxe a Roberto Vidal cunhas fotos divertidas.



HOMENAXE A PACOLAREO

Non hai forma de poder agradecerlle todo o que fixo.
Non é posible comprender o moito que el quería e a forma en que o facía.

Pero NÓS, o CEIP XESÚS GOLMAR, si sabíamos o que queriamos facer:


Unha gran homenaxe para un gran home

Vai por ti, Lareo!

O primeiro vídeo é unha grandísima presentación feita polo mestre Alejandro Piñeiro. Unha verdadeira obra de arte, como non, para adicarlla a outro xenio das artes.

E no segundo vídeo veredes as marabillas que fixeron os alumnos: reproduciron cadros de Lareo, interpretaron "cousiñas" que emocionaron aos que estaban alí, entre eles, Carmen Lareo, irmá de Paco.

Púxose unha placa no salón de actos e, a verdade, hai que escribilo a partires de agora doutra forma: o Salón de Actos Paco Lareo.

Gracias por estar aquí.




jueves, 23 de mayo de 2013

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Os nervios non permiten ver e facer o que en realidade se quere ensinar, a emoción encheu o salón e os nenos e nenas que este día subían ao escenario tiñan tantos nervios coma ilusións.

Pero hai que dicir que foi unha tarde entretida e onde se demostrou o traballo previo dos mestres e a boa intención que lle puxeron os nenos para que todos aplaudisen e viran o que sabían facer.

Noraboa!

Desfrutade do noso Festival das Letras Galegas 2013!!!


viernes, 17 de mayo de 2013

MATILDA!

Algunha vez léstedes este libro?
Sabedes quen é o autor?


Pois hai 25 anos que se escribíu "Matilda" e aínda é moi divertida: unha nena de ideas tan claras e moi lista á que lle gusta tanto a biblioteca, aínda que seus pais pensan que é rara. Ademais ten poderes...

O seu creador non é outro máis que Roald Dahl.


Open publication - Free publishing - More literatura

Tamén está feita unha película baseada no libro, seguro que xa a tedes visto.

ROSALÍA SEMPRE VIVA!

A Fundación Manuel María achéganos un vídeo moi emotivo sobre a nosa escritora.


LETRAS GALEGAS, LETRAS DE ROSALÍA

Aínda que Roberto Vidal Bolaño é o protagonista desta data, 17 de maio, non esquecemos o 150 aniversario de "Cantares Gallegos", e por iso imos repoñer un fermoso traballo que @s alumn@s de 5ºC fixeron para o Día da Poesía, onde todos lembramos a Rosalía de Castro.

Desfrutade!

miércoles, 1 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS

A partires de hoxe e ata o Día das Letras Galegas iremos traballando e coñecendo o homenaxeado deste ano, Roberto Vidal Bolaño.


         
           

VISITA DE ARMINDO SALGUEIRO Y DAMIÁN PAYO

Os artistas Armindo Salgueiro e Damián Payo viñeron a falar sobre os cadros de Paco Lareo.
Trouxeron unha mostra representativa dalgunhas das súas obras e explicáronnos como as fixo e opcións para que nós tamén nos animemos a pintar.

lunes, 29 de abril de 2013

CONTACONTOS "LA PEQUEÑA BRUJA"

E non paramos de desfrutar neste mes do libro.
Agora, uns rapaces que xa anunciamos hai un tempo, representa o libro "La pequeña princesa" aos nenos e nenas de 1º e 2º de EP.
Desfrutade coas fotiños.



COA PRENSA...

Rematamos a Semana da Prensa nos cursos superiores, e para iso que mellor maneira para celebralo que...
Ah!! 
Tedes que velo.

PREMIO EL BARCO DE VAPOR

A obra gañadora da XXXV Edición dos Premios SM de Literatura Infantil e Xuvenil é "Luces en el canal" de David Fernández Sifres.

A veces las cosas pequeñas esconden lo realmente importante.

Todo el mundo opina sobre el hombre de la barca.
Unos dicen que es un brujo;
otros, un ladrón; otros, un monstruo…
Pero nadie se ha atrevido a acercarse a conocerle.
Solo Frits.
Que descubrirá el misterio y comprenderá
que la realidad es mucho más de lo que uno ve.


 Sinopse: Ao home da barca nunca ninguén lle preguntou o seu nome. Tampouco lle preguntaron que son esas estrañas luces que saen ás veces da súa barca, nin quen é esa especie de monstruo de cara xigantesca e rectangular que aparece algunhas noites. Pero Frits está decidido a averigualo, e entón darase conta de que a realidade é moito máis do que un ve.

Booktrailer:




sábado, 27 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Celebramos esta semana o Día do Libro cunha Feira onde fixemos de todo:

  • Intercambio de libros.
  • Agasallos aos nenos e nenas de 6º.
  • Diplomas para os que realizaron contacontos.
  • Bailes e cancións.


  • Lectura do primeiro capítulo de "El Quijote" e do poema "Só un libro" de Paula Carballeira.

Vémolo:

lunes, 22 de abril de 2013

OUTRO CONTACONTOS

Unhas nenas de 6ºB animáronse a contarlle o conto de "ABEZOO" aos nenos e nenas de 4 aniños.


DÍA DO LIBRO NO COLEXIO XESÚS GOLMAR

O mércores 24 de abril, pola tarde, celebrarase un mercadiño con diversas actividades:
  • Unha mesa con libros para levar, Bookcroossing.
  • Outra mesa con libros para intercambiar. Son libros doados pol@s alumn@s do centro.
  • Outra mesa con novidades, actividades feitas por algunha aula, agasallos...
Haberá unha pequena actuación para os nenos e nenas de EI, unha cancionciña moi bonita.
O xoves, alumnos de 5º interpretarán un conto...de bruxas!!

Un sin parar nesta semana do Libro.



                 E non esquezades que:

viernes, 19 de abril de 2013

CONTACONTOS

Unhas nenas de 6ºB de primaria ensináronlle aos máis pequenos de 3 aniños de infantil un contacontos moi orixinal.
O traballo preparatorio foi todo feito por elas e por iso merecen un gran aplauso.
Noraboa!!
Querédelo ver? Pois estas fotiños lembran o momento.

Clica para entrar




viernes, 12 de abril de 2013

MES DO LIBRO, DÍA DO LIBRO






Este mes é particular. Ademais de poder desfrutar co comezo da primavera, tamén temos a opción da lectura xa que neste mes conmemoramos o Mes do Libro.

Pero deixando un pouco de lado os libros "de texto", abusemos dos outros: dos que nos fan soñar, dos que nos fan rir, dos que temos debaixo da almofada, dos que compartimos...

E iso é o que queremos facer o 24 de abril, xusto un día despois do propio Día do Libro: un mercadiño para intercambiar ou deixar libre os nosos libros...Como? Pois sinxelo.

Poderedes intercambiar o voso libro con outros nenos a cambio dunha bolboreta Biblioreta que será a nosa moeda de cambio.

Ou podedes deixar libre o voso libro para que outra persoa o poida desfrutar...Bookcroosing.

Tamén podemos facer algún marcapáxinas relacionado con esta data, por exemplo:


Tamén clicando aquí,
atoparedes webquest sobre o Día do Libro (propostas de CEIP Los Campanales)

Supoño que xa sabedes por que este día se celebra nesta data..Pois, aquí tedes "El caballero Don Quijote", pero doutra forma.


"El Quijote" foi a obra máis lida do mundo. OOoooooHHHhhh!!!
Pois sí. E foi traducida a case todos os idiomas. Aahhhh!!!

Pois, lede, lede aquí cousiñas sobre este libro.

lunes, 8 de abril de 2013

VISITA DUN FOTÓGRAFO DO XORNAL

Co motivo da Semana da Prensa, uns grupos de escolares do 3º ciclo de educación primaria, recibiron a visita dun fotógrafo, Marcos Míguez, que traballa para La Voz de Galicia na sección de Deza.
As nenas e nenos desfrutaron cos seus comentarios e non deixaron de facer preguntas con moito interese.
Ademais, para recibilo, o mestre Alejandro, de 5ºC, fixo unha presentación con imaxes dalgunhas das súas fotos. Desfrutade!!

martes, 2 de abril de 2013

DIA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


"A celebración hoxe do Día do Libro Infantil terá nas bibliotecas galegas un dos seus principais argumentos. Un programa de actividades diferente para cada un dos centros, e que terá como puntos fundamentais as bibliotecas nodais, porá fincapé na participación dos lectores máis novos, nos contacontos e nos obradoiros.
Unha das actividades comúns será a lectura do manifesto escrito para esta ocasión Francisco Hinojosa que, co título Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiroserá lido en todas as bibliotecas galegas.
Repartidas polas principais bibliotecas galegas as actividades permitirán aos nenos achegarse máis ao mundo dos libros para eles. No caso de Pontevedra e Santiago, as dúas bibliotecas da rede galega ofrecerán dúas exposicións de libros de Hans Christian Andersen. En Vigo abrirase a mostra baixo o título Peter Pan viaxa ao país dos libros, unha mostra que se irá ampliando conforme se vaian engadindo novos exemplares. De xeito particular, na biblioteca de Pontevedra todos os nenos que utilicen o seu servizo de préstamo recibirán un libro como agasallo." La Voz de Galicia, 2-04-13

martes, 19 de marzo de 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL DE 2013


Día del libro 2013 - Iniciativas del Día mundial del libro

Adiantamos información sobre este día tan especial como é o adicado aos LIBROS  e aos LECTORES DE TODO O MUNDO.
Xa iremos engadindo máis información e actividades.

sábado, 16 de marzo de 2013

FINA CASALDERREY



Esta escritora ben coñecida por vós, e recoñecida por moitos máis, xa forma parte da RAG (Real Academia Galega).




Pero non a mencionamos por iso, senón porque queremos que sigades lendo os seus libros, libros que temos na Biblioteca e a nosa mascota biblioreta quérevolos mostrar.