"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

viernes, 30 de octubre de 2020

CURTA DE MEDO POLO SAMAÍN

Polo Samaín adóitase a ter medo, a sentir arrepíos... ou iso din!!!

Pero penso que non é para tanto...

Seguro que vós sodes moi valentes!!!

Ídelo comprobar vendo esta curta..."A bruxa regañadentes"

martes, 27 de octubre de 2020

ILUSTRACIÓNS DINÁMICAS

Sabedes que é un relato con ilustracións en movemento?

Non é tan fácil como pensades pero é doado de facer se temos clara a historia.

Cunha estrutura de cartolina, ganas de debuxar e moita cor, poderemos conseguir algo como isto:


 Relato por Isabel Blanco

Animádesvos?

SEMANA AMI: ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

 A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema: Resistir a DesinfodemiaAlfabetización mediática e informacional para todos e por todos. Destácase a necesidade de recoñecer o noso interese común por mellorara as competencias de todos para actuar criticamente coa información, os medios de comunicación e a tecnoloxía, mentras participan do desenvolvemento social.

A desinformación xa existía antes da COVID-19, mais esta pandemia incrementou a difusión de noticias falsas e estafas cibernéticas que se nutren do medo e da desesperación da poboación, polo que a UNESCO acuñou un novo termo para este fenómeno: desinfodemia. Ademais, a desinformación na área científica resulta especialmente dañina polas súas consecuencias na poboación.

As bibliotecas escolares deben , máis que nunca,  reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.







martes, 20 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O 19 de outubro conmemórase a V Edición do Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Nós queremos facer a nosa mención a Anisia Miranda, que aínda que naceu en Cuba, o seu corazón sempre estivo en Galicia, exactamente en Gres.

Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.

Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.

En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita.

En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Obras:
  • Pardela amiga.
  • Os contos do Compay Grilo.
  • A primeira aventura.[3]
  • A casa dos títeres.[4]
  • A volta do Compay Grilo.
  • Mitos e lendas da vella Grecia, 1983, Edicións do Castro.
  • A cama, a bolboreta e o paxariño. A Coruña: Ediciós do Castro, 1998.
  • Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975. Con Xosé Neira Vilas.
  • Cantarolas. Xerais, 1995. Con Xosé Neira Vilas.


Outras mulleres destacables que podedes coñecer: (Recurso da biblio "San Paio" de Tui.)




martes, 13 de octubre de 2020

RECOMENDACIÓN LECTORA "YO VOY CONMIGO"


Rozalén ponlle voz e corazón ao conto "Yo voy conmigo" de Raquel Diaz Reguera, publicado por Thule, para poñerse nos zapatos dunha nena especial, con ás e moitos paxaros na cabeza que nos fará reflexionar sobre o concepto de aceptarse e quererse a un mesmo a pesar da mirada dos demais.

Un conto precioso e necesario, que reflexiona sobre a importancia de ser un mesmo, sen deixar que o entorno nos faga diferentes e sobre a importancia de dar valor ás nosas características ... a eses paxaros na cabeza que todos temos, aínda que ás veces os deixemoss enxaulados.