"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

jueves, 30 de abril de 2020

TODOS A BAILAR

No Día Mundial da Danza, o Salón Virtual do Libro axúdanos a festexalo bailando, co grupo Pesdelán imos mover os ósos...

Facede sitio pola casa e a danzar!

Ánimo!!!


martes, 28 de abril de 2020

FIESTRAS AO MUNDO

Aínda que agora podemos saír un cachiño cada día, seguimos a ver o mundo desde as nosas fiestras. 

É sempre igual o que vemos? 

O podemos enxergar cada día cousas distintas? 

O que vemos depende só da paisaxe? 

Sabedes que hai fiestras que nos ofrecen cada día unha nova paisaxe? 

Non? 

Pois ollade este vídeo...



CONTACONTOS CON...

....coa profe Isaura, de 1ºA.

Desfrutade!!!


MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Agora tócalle a...

...Chefi, a profe de AL, que trae unha moi boa recomendación... "La mascota de Merlín"


lunes, 27 de abril de 2020

PRACTICANDO A ORTOGRAFÍA

En este enlace podréis practicar y repasar ortografía de lengua castellana.

Tiene varios apartados, vais avanzando a vuestro ritmo y, así, no perderéis el hilo de una buena ortografía.

Ánimo!!!





XOGO DO MES DE ABRIL

Desde a biblioteca do Bufo lector, do CEIP Sofía Casanova, propoñen un xogo moi divertido e interesante. Dámoslles as gracias por compartilo e, con iso, invitámosvos a que xoguedes e demostredes o que sabedes sobre certos acontecementos que sucederon no mes de abril ao longo do século XX.




MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Máis ideas para ler nesta época de confinamento...


Ana Gaiteiro, teacher, ofrécenos as lecturas que están a ler, e as que máis lles gustan, a ela e a súa familia: "Música no faiado", "Feminicidio", "O xardineiro dos ingleses", "La extraordinaria familia Telemacus" e, como non, unha das mellores obras en lingua galega, "Cousas" de Castelao.


A profe Milagros, de 4ºC, está a ler "Un mar violeta oscuro":


Patricia, de 4º de EI, recomenda "Terra alta", novela negra e policíaca, e "Monstruo de cores" traballando as emocións tan estremas nestas datas:


domingo, 26 de abril de 2020

sábado, 25 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

A profe Patricia, de apoio en EI, déixanos a súa recomendación:

Como andades pequerrech@s?? Espero que moi ben!! Este é un mes moi especial, xa que é o mes do libro!!! Cantas cousiñas aprendemos con eles!! 
A min gústanme moito tantos contos.... Pero hoxe quero falarvos deste, indicado especialmente para Educación Infantil: Sopa verde.
Neste conto está a historia dun coelliño moi san o q só lle gustaban os alimentos de cor verde. Os seus amiguiños levanlle distintas comidas doutras cores, pero nada, el non quere probar. Finalmente, argallan un plan e este coelliño acaba ca barriguiña ben chea!!! 
E un conto que ademais de ver distintos tipos d animais, nos serve para practicar as cores e a asociación de número e cantidade.
Animádevos a desfrutalo tanto coma min cando teñades oportunidade. Moitos bicos e unha aperta enorme!!


Elva está lendo cos seus fillos: Antón un libro de dinosaurios con lanterna, e Martiño le "Quen ven esta noite?". Ela está lendo "Como educar en el feminismo", unha invitación a como ensinar aos nosos fillos e fillas a rexeitar os estereotipos e loitar por unha sociedade máis xusta.


jueves, 23 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Hoxe é o Día grande do Libro, e os nosos alumnos non deixan de recomendarnos unha morea de libros...

Lucas, este pequeno gran lector de 5º EI, que non quixo perder a ocasión para convidarnos e ler....



Ou Enzo, de 4º de primaria, que como non pode adestrar interesouse por "Los futbolísimos"


A Claudia vaille máis o misterio:




miércoles, 22 de abril de 2020

HISTORIAS CON TÍTULOS DE LIBROS

Propuxémoslle ao alumnado a posibilidade de crear historias a partires de títulos de libros que tiveran pola casa. E estes foron os resultados polo de agora...













DÍA DO LIBRO CON SEXTO DE PRIMARIA

As nenas e nenos de 6º de primaria non se queren perder este Día do Libro tan particular...
...polo que decidiron ensinarnos os libros que están a ler e que tanto lles gustan.

Vai por elas e por eles que este ano xa é o último curso no colexio...

...por eles e por elas que tantas aventuras viviron desde que puxeron por primeira vez o seu pé nas aulas...

...por elas e eles porque si, porque o merecen!!


Feliz Día do Libro (confinado)




















CÓMIC PARA LER

MAMUT CÓMIC é unha editorial que, neste días de confinamento, tamén quere colaborar. Marcopola é un dos tantos cómics que editou.

Cada semana terán novos materiais, fichas para ler e parender xogando. Non dubidedes en visitar a súa páxina.



EL PEQUEÑO OLAF







O MOUCHO ABURRIDO

Paula Carballeira conta o conto de "O moucho aburrido" para que vós non estedes como este mouchiño...


PATIOS DINÁMICOS E INCLUSIVOS

Seguimos a xogar...desta volta tócalle aun xogo que volveu do pasado, O XOGO DO FÍO.
Eu xa teño os dedos enleados...





              



              


              
 




MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Seguimos a recibir as recomendacións lectoras do alumnado e profesorado.

A profe Cris, de 5ºC, disfruta léndolle un contiño a un futuro novo lector... e parece que lle gusta!!


A profe Mª José, de 5º de EI, propón "Sopa verde" e "Códice calixtino" en homenaxe a Luz Pozo Garza, escritora finada nestes días


E Roi, 2ºB, anímanos a ler "La liga de fútbol"...


lunes, 20 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Seguimos a recibir recomendacións de libros... MOITÍSIMAS GRAZAS!!!


A profe Loli, que tamén é a Orientadora, ten unha morea de libros para falarnos deles... pero desta volta decantouse por..."Palabras de caramelo", "Besos, besos"...


E a estes dous pitufiños tamén lles gusta ler. Ángel e Lucas disfrutan cos libros e amósannos cales están a ler... e outros máis que lles gustan!!


 

jueves, 16 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

Seguen a chegarnos máis recomendacións de libros para disfrutar.

A profe Lucía, de Infantil, recoméndanos estes: "Tú no matarás", "Un gato na árbore" e "vivan las uñas de colores"


E a profe Charo, de 2ºB, que tanto lle gusta a poesía, invítanos a ler estes libros: