"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 26 de noviembre de 2014

INSPIRATIONS

Preséntovos unha curta cos ollos postos en Escher, en como podería haber sido o seu lugar de traballo; o sentir das súas ideas, a inspiración.



INSPIRATIONS from Cristóbal Vila on Vimeo.

viernes, 21 de noviembre de 2014

COAS MATEMÁTICAS ÁS VOLTAS

Neste mes, co gallo da conmemoración do Mes da Ciencia, estanse a levar a cabo uns obradoiros polas aulas do terceiro ciclo.

Para iso, primeiro facemos unha presentación para situarnos. Nela aclaramos a relación das ciencias, as mates e a arte.




Ademais, profundizamos un pouco no traballo dos teselados:
Unha teselación é unha distribución plana dun conxunto de figuras que se repiten sen límite, sen superpoñerse e sen deixar ningún oco.
Na Alhambra de Granada temos exemplos abundantes debidos á marabillosa xeración árabe desa época.
Un dos casos máis sinxelos, pero non por iso menos bonitos: os teselados simples.

Son aqueles que se xeran a partir dun polígono (triángulo equilátero, cadrado ou exágono regular) usando a técnica fundamental: recorte, xiro e traslación e pegado, de maneira que o patrón que se xenere a partir do polígono matriz encaixe con el mismo mediante xiros ou traslacións para construír o teselado.

Se queredes ver como a partires dun cadrado saen debuxos e teselados, clicade AQUÍ

Podemos atopar teselacións en moitas partes:
                 
Empedrados


                              



                                                              Nas rúas de El Cairo



Teselado de Penrose

ESCHER, que sempre tivo curiosidade por saber, tivo curiosidade por descubrir....creou obras de gran mérito matemático.

A partir dun exágono, sae un reptil: 




E se vós queredes formar as vosas teselas....dádelle AQUÍ

lunes, 6 de octubre de 2014

CIENCIA E MATEMÁTICAS

Para ir entrando en materia, xa que pronto comezaremos coas "xornadas" sobre Matemáticas e Ciencia na Biblioteca, imos coñecer máis polo miúdo a un científico famoso, de todos os tempos...

ALBERT EINSTEIN


CELEBRANDO ANIVERSARIOS

Chegar aos 50 anos e que non se note na pel, na cara nin nas ideas...iso si que é un gran mérito. 

Sobre todo se se segue a ter seguidores, ou mellor dito, lectores fieis ao que se di, se pensa e se fai.

Quen está de aniversario? Pois a nosa amiga MAFALDA e a tamén chamativa e extravagante PANTERA ROSA.



                                     

E para continuar na súa compaña, quédanvos aquí algúns vídeos destes personaxes tan fantásticos.










jueves, 2 de octubre de 2014

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS...

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas pasou a ser a primeira peza teatral destinada ao público infantil posta en escena polo Centro Dramático Galego. Esa vella arela que un día reivindicara publicamente Cándido Pazó no nome de todos os mediadores da literatura infantil e de toda a rapazada deste país levouse a cabohai máis dunha década.

A obra que fora o primeiro premio do certame de teatro O Facho pasou a ser tamén a primeira obra representada polo CDG. Carlos Casares, o seu autor ben o merecía. O elenco, a posta en escena, a escolla da dirección (o portugués José Martíns), a música e todo o que xirou arredor desta obra constituiu unha aposta ilusionante. 

Agora, volve as táboas co CDG e Jose Caldas. Os nenos e as nenas non son sempre os mesmos e poderán espertar á ilusión e á cretividade das mans desta peza.

Esta é a guía didáctica.

EXPOSICIÓN MIGUELANXO PRADO

Ata o 31 de decembro pode visitarse no Museo das Peregrinacións (Santiago de Compostela) unha exposición antolóxica de Miguelanxo Prado. Lembremos que o último recoñecemento que recibiu, este creador, foi o Premio Nacional de Banda Diseñada

A exposición reúne 59 obras orixinais de toda a carreira de Miguelanxo Prado.  Divídese en dúas partes. A sala grande do museo está dedicada ao mar, unha constante na traxectoria do artista e nela poden verse obras de De ProfundisArdalén,Trazo de Tiza, xunto con distintas ilustracións que teñen en común esta temática. 

Nesta mesma sala móstranse ilustracións da cidade de Santiago de Compostela, pola que Prado sente unha especial debilidade. Ademais, en tres vitrinas recóllese unha selección das súas obras en distintas linguas, xa que é un dos autores galegos máis traducidos, ata a 17 idiomas.

Noutra sala pódese ver un compendio dos seus primeiros traballos no mundo do cómic e ilustracións que ten realizado para outros escritores galegos e de fóra. Neste espazo tamén se lle rende unha pequena homenaxe ao Xabarín, que Miguelanxo Pradou creou nos noventa. E proxéctase Os Vixilantes do Camiño, a serie de animación en 2D que produciu para a Televisión de Galicia en 1999, inspirada no Camiño de Santiago e que protagonizan os personaxes do Xabarín Club.

Así se recolle na páxina do concello.

SEMPRE EN GALIZA

Desde Fervenzas literarias:
"O Consello da Cultura Galega e a editorial Galaxia acaban de publicar, co gallo do 70 aniversario da edición do Sempre en Galiza, unha aplicación coa obra cumio de Castelao para dispositivos Android, Tablets e dispositivos móbiles.
A aplicación Sempre en Galiza está estruturada en diferentes apartados. Os usuarios que se descarguen a app terán acceso tanto ao libro completo como a contidos complementarios, como estudos sobre o proceso de elaboración, o pensamento político de Castelao e as ideas lingüísticas realizados por Alfonso Mato, Henrique Monteagudo, Ramón Maíz e Xusto Beramendi; os cadernos manuscritos; material sobre Castelao, que inclúe unha biografía, unha fotogalería e un interesantísimo video gravado por Elixio González en Bos Aires a partir de 1940.


Sempre en Galiza supón unha das obras máis importantes sobre a identidade galega. Publicouse no ano 1944 en Arxentina, país onde se exiliou Castelao tras o alzamento militar. O libro inclúe artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra por parte do político e escritor rianxeiro."
Aquí, na páxina do Consello da Cultura Galega, está o enlace para a descarga.

BENVIDA

Benvidos ao novo curso

Aquí estamos de novo coas portas abertas e moitas ideas para poñer en marcha...

Xa temos moitas cousiñas organizadas e outras tantas voando pola cabeza. Iso quere dicir que o imos pasar moi ben na BIBLIOTECA de Biblioreta.

Comezamos!

miércoles, 7 de mayo de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Xa temos unha entrada no blog referida a esta poeta XOSÉ MARÍA DÍAS CASTRO.

Pero temos máis que mostrar, moitos traballos doutros centros que, desinteresadamente comparte con todos nós e con todos vós.

"Fuxan os ventos" ten un poema musicado do poeta, PENÉLOPE, coa propia voz do autor.


Telexornal feito polos rapaces do CPI Dos Dices, Rois.


Ou se preferides, podedes xogar a "Pasapregunta sobre Díaz Castro" (CEIP A Ponte, Lugo)

E para rematar, unha curta do poema "Penélope"

XOGAMOS CO CULLARAPO CROQUE?


domingo, 27 de abril de 2014

FORMIDABLE VISITA

O xoves 24 de abril, para continuar coa conmemoración do Mes do Libro, recibimos unha visita moi esperada. É unha persoa moi especial. Só con ler os seus libro xa deduces que desprende amor, sentimento puro e atracción pola escritura:

MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ

Libros como  "O cullarapo Croque"
 xa deixaron pegada en nós, pero el viña falar de

"A nena a que non deixaban ser feliz"

e, por suposto, a mostrarnos a súa última obra infantil "O soño de Esther"
 unha beleza!!




Miguel Ángel Alonso Diz

sábado, 26 de abril de 2014

No MES DO LIBRO non podían faltar os contacontos.

Neste caso contamos coa participación dun grupo de alumnos, de 4ºC, que leron e interpretaron e, tamén, utilizaron o kamishibai como un amigo máis para mostrar as súas historias..



sábado, 19 de abril de 2014

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO

Unha nova idea que xurde da páxina LEER.ES é moi práctica e entretida.

Doblando papeles, #desplegando lecturas

Tedes que facer un marcapáxinas de papiroflexia, segindo unhas indicacións, escribir nel a vosa frase preferida, colocalo nun dos vosos libros favoritos e sacarlle unha foto.



DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Nestas datas facemos a festa do LIBRO.
É o Mes do Libro, e como tal, imos celebralo cun mercadiño de libros, lecturas simbólicas con nenos e nenas de distintos niveis: en castelán, en galego e en inglés.
Tamén, nos recreos, aqueles que queiran pódense acercar á Bibliteca a ler e serán gravados en vídeo ou fotografados.

Este ano o escritor Paco Martín elaborou o Marcapáxinas para esta data. El é o autor dun libro moi coñecido: "Das cousas de Ramón Lamote", un clásico da literatura galega galardoado en 1986 co Premio de Literatura Infantil e Xuvenil.

jueves, 3 de abril de 2014

POMA EN INGLÉS

Poema clásico do magnífico Edgar Allan Poe...

Animádesvos a traducilo?

DÍA DO LIBRO


Celébrase o Día Mundial do Libro Infantil, concretamente o 2 de abril. Pero, por que ese día e non outro? Un 2 de abril nacía Hans Christian Andersen (1805-1875). Este danés é mundialmente conocido como autor de numerosos contos infantís, entre os que destacan “A sireniña”, “O parrulo feo” ou “O soldadiño de chumbo”.

As súas historias foron traducidas a máis dun centenar de linguas e adaptas ao cine, a animación, o cómic e o teatro. A súa obra forma parte do imaxinario popular a, ainda que tradicionalmente identifícanse cos nenos, os sus relatos trascenden a idade e poden ser lídos por lectores de todas as idades, gracias á súa variedade e á universalidade dos temas que tratan.
imaxe de Javier F. Pollán

Se queres ler algún conto.....dalle aquí

sábado, 22 de marzo de 2014

DÍA DA AUGA

Cun recurso tan preciado e necesario como é A AUGA, non podería quedar sen Día conmemorativo: O 22 de marzo.
E por se tedes curiosidades....deixamos referencia dunha páxina moi didáctica sobre este elemento: H2O.

SOBRE A FLORA GALEGA

Os alumnos de 4ºC, seguindo o PDI da Biblioteca, fixeron unha exposición fotográfica sobre diversas árbores da zona.
Quedou moi vistoso pois tamén elaboraron os marcos que os acollen.

Bo traballo

FLORA GALEGA on PhotoPeach

sábado, 8 de marzo de 2014

MULLERES NA CIENCIA

Polo Día Internacional da Muller, as nenas e os nenos de 4ºC elaboraron un mural para o seu blog de aula sobre "Mulleres científicas".
Queda aquí o enlace ao seu blog para que lle votedes un vistazo.

jueves, 6 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras textiles tomou a decisión de sair ás rúas de Nova York a protestar polas míseras condicións nas que traballaban.

Distintos movementos se sucederon a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario de nvo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres reclamaba a igualdade salarial, a disminución da xornada laboral a 10 horas e un tiempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, morreron máis dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun incendio que se atribuiu ao dono da fábrica como resposta á folga.

En 1910, durante a Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora.

Actualmente, celébrase como o Día Internacional da Muller.



miércoles, 5 de marzo de 2014

APRENDENDO NA REDE

Por cortesía da Biblioteca escolar do CEIP Milladoiro, quédavos aquí un documento moi ben feito sobre como buscar e rebuscar na rede cando queredes preparar un traballo ou buscar información sobre alguén...

jueves, 27 de febrero de 2014

DÍA DE ROSALÍA: DÍA DA POESÍA

Despois de ler, desfrutar e crear coa poesía e, sobre todo, coa poesía de Rosalía, os traballos feitos non son para deixar nunha parede do corredor. 
Estas son as vosas creacións poéticas, onde tivéstedes en conta a Rosalía de Castro,o proxecto da Biblioteca: "A Flora" e a fermosura da poesía.
Ademais contamos coa presenza de Rosalía Morlán e Manoele de Felisa para lembrar cantando á nosa poetisa.


A TI, ROSALIA


ImageChef.com

jueves, 20 de febrero de 2014

GRAFFITI-ROSALÍA

Dende a AELG:

Rosalía de Castro é unha fenda.
Unha ferida aberta nas conciencias.
A voz que sempre nos asombra.

Querémola viva,
sabémola ceiba.

Querémola pola rúa,
nos barrios e nos arrabaldes,
nas aldeas e nas prazas,
nas fachadas brancas dos edificios.

Queremos que os seus versos nos invadan,
fender con eles o mutismo das paredes.
Para que a súa voz ilumine os muros.
Alta e clara como murmurio e como berro.
Por iso, convidámosvos a participar en graffitiRosalía.


PAULA CARBALLEIRA

A vindeira semana, teremos o pracer de recibir a visita de Paula Carballeira, narradora de contos, actriz, escritora...ela preséntase do seguinte xeito:

Un sete de setembro chorei por primeira vez. Estaba nacendo. Ata os 17 anos vivín en Maniños, no Concello de Fene, descubrindo e explorando unha certa inclinación a fabular outros mundos, preferentemente na literatura e no teatro. Despois marchei a Santiago de Compostela, onde eu tiña pouco que chorar porque o ceo botaba bágoas a máis non poder. Alí seguín escribindo e disfrazándome en peles de personaxes que me ofrecían outras vidas, outras palabras. Ata hoxe. Pertenzo á compañía de teatro Berrobambán, vou contando contos polo mundo, e nunca mellor dito, pois grazas á antiga arte de contar historias teño participado en festivais de narración oral nacionais e internacionais, e levo publicado uns cantos libros. Tendo en conta que xa plantei algunha que outra árbore, fáltame ter un fillo. Mentres, seguirei viaxando.

Ten escrito moitas obras: de poesía, de teatro, contos, etc., sempre coa intención de facer pensar, de provocar un sorriso, de conseguir ledicia.
Querédela ver contanto un conto.....
Pois preséntovos a PAULA CARBALLEIRA:



Algúns dos seus libros atoparédelos na biblioteca: "O principio", "Un porco e unha vaca xa fan un zoolóxico", "Correo urxente", "Boas noites", etc.

Pero...seguimos a mostrar a súa destreza...desta vez cun vídeo dun conto escrito por ela..."PACO"



E tamén dous dos seus libros...para ler e desfrutar: "Smara" e "O principio"


miércoles, 19 de febrero de 2014

LINGUA MATERNA

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA


  • Dende a orixe do mundo tal vez teñan desaparecido unhas trinta mil linguas.
  • Das case sete mil linguas vivas na actualidade (só unhas setenta son orixinarias de Europa), utilizadas nuns 228 países (só na India fálanse ata mil setecentas linguas, ou en Nixeria, unhas catrocentas), unhas tres mil corren perigo de extinción.
  • Considerase lingua en perigo de extinción aquela falada por menos de cen mil persoas.
A perda dunha lingua supón o desarraigamento cultural dos seus falantes; coa desparición dunha lingua pérdese unha peculiar visión do mundo.


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

O 19 de febreiro deste ano celébrase o centenario do nacemento do poeta ao que se adican as Letras Galegas do 2014: Xosé Mª Díaz Castro.

O IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz, preparou xa no curso pasado un documental ademais de diversas actividades ó redor deste escritor.

É un traballo feito polos estudiantes dese instituto, é que xa nos vai introducindo no mundo da poesía a partir deste destacado personaxe.

"A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro"








lunes, 17 de febrero de 2014

LEMOS POESÍA, FACEMOS POESÍA

Que semana tan fermosa, deixándose levar polas palabras quedas,
                                                                                  palabras feitas,
                                                                                  palabras belas...
Temos expostos varios libros de poesía na entrada da Biblioteca, pero Bolboreta non quere que vos despistedes e invítavos a ver,
                                            ler e
                                                   facer poesía:
 

jueves, 6 de febrero de 2014

ROSALÍA PEQUENIÑA

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata
a pequena Rosalía
escribía na nosa fala.

A meniña silandeira
a da fala ben mainiña
pequeniña, pequeneira
unha meniña gaiteira.
     

MÁIS POEMAS...

FLORENTA, A GATA POETA

Nunha vella bufarda
descascada e ruinosa,
vive Florenta
unha gata fermosa.

Polas tardes. no parque,
escribe versos aos amantes.

Pola noite caza
no tellado da súa casa.

OUTRO POEMA?



Hai unha árbore no meu eido
que se resiste a saír,
é moi tímida e da pobre
só asoma o nariz.

Eu régoa todos os días
antes de ir durmir
pero ela segue agochada
dentro da súa raíz.

UN POEMA?

A ESTACIÓN DO TREN

O tren viaxa todo o ano
de estación en estación:
na primavera entre flores,
no verán con gran calor,
no outono por follas secas,
no inverno hai calefacción.

POEMAS, POEMIÑAS A ROSALÍA

Achégase o día 24 de febreiro, 
o Día de Rosalía, 
Día da Poesía,
para nós e o mundo enteiro.

Por iso vos invito
dende hoxe e ata ese día,
compoñer e engalanar
todo o cole con poesía.

Fole, Manuel María,
Castelao ou Díaz Castro.
O interés na poesía
e deixar o rastro.

Para comezar,
libros na biblioteca ides atopar.

Para rematar,
poemas e versos debedes amosar.

lunes, 3 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ

Neste día tan cheo de boas intencións celebrouse un pequeno festival onde todos e todas compartiron e participaron, na medida do posible, para que os valores e a conciencia social medraran de cara a construír un mundo, o mundo máis cercano para ir comezando, solidario, tranquilo, tolerante e pazífico.
Elaborouse un arco da vella con distintas figuras para cada cor (imaxe que tamén se viu noutros centros), cada nivel se encargou dunha cor, e pouco a pouco...conseguimos centrar a atención de tod@s un único punto, nunha única intención.

O grupo de 4ºC cantou a canción "Los derechos humanos, tu mejor instrumento" que fai referencia ós dereitos dos nenos e das nenas, canción relacionada co libro "El extraordinario viaje de Lucius Dumb".
E, finalmente, tod@s xunt@s cantamos "Paz y amor" de Gisela, primeiro en castelán e despois versionada en galego...sonaba moito mellor.




jueves, 23 de enero de 2014

FLORADECORACIÓN

No primeiro trimestre pedímoslles a todas as aulas que decorasen a porta da aula cunha imaxe e algúns datos identificativos da planta que escolleron.
Pois velaí o resultado...quedaron preciosas!



UN DÍA EN...PAZ

Para ir entrando en situación, comezamos a deixar algunha actividade para ese día tan próximo:
30 de xaneiro
DÍA ESCOLAR POLA PAZ

Para educación infantil:


                      LA PALOMA MARY PAZ

Para educación primaria:
                        
                                     PAZ
                
                                                 EL CUARTO MUNDO                            

                                                                                               O LIBRO DA PAZ

                                                                                                         O AUTOBÚS DE ROSA

    VERSOS DE PAZ (recurso do IES San Paio)


QUE E A PAZ (presentación da BE Salgado Torres)



KIRIKÚ Y LA BRUJA



PUK Y EL MURO



(recursos da Biblioteca Salgado Torres)

LOS DERECHOS HUMANOS, TU MEJOR INSTRUMENTO



lunes, 20 de enero de 2014

KAMISHIBAI PARA INFANTIL

Que agradable experiencia o feito de contar contos con este teatriño xaponés...
O Kamishibai gustou a nenos, nenas e mestras.

A partir deste libro, catro alumnos do curso 4ºC, prepararon as ilustracións e adaptaron un pouco as historias para que as nenas e nenos de educación infantil desfrutaran da sesión.

Paloma, Breixo, Eli e Lara foron os creadores de fantasías durante media hora para que as ilusións dos máis pequerrechos medraran aínda máis nesas datas navideñas.

Escolleron catro contos de catro países:
España: "O cupón de lotería"
Etiopía: "O partido de nadal".
Australia: "o paxaron reno".
Canadá: "O trineo de Kaila"


jueves, 9 de enero de 2014

MALDITAS MATEMÁTICAS1

Iso pode ser o que pensades moitos de vós cando tedes que abrir o libro de mates na clase...
pero nada máis lonxe da realidade,
                             pois se vos déstedes conta,
as matemáticas están por todas partes.
Sí, sí.
Recoméndovos un libro moi simpático pero tamén moi útil, pois ides comprobar que todo o que xira arredor de vós está composto de números e máis números.
"MATE MALDICIÓN", tedes aquí unha mostra de como é o libriño...