"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 13 de mayo de 2020

SOPA DE LETRAS E ENCRUCILLADO LETRAS GALEGAS




Actividades da Biblioteca Sabela do CEIP de Rubiáns.


KAHOOT DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos a xogar coas Letras Galegas:


CANTO SABES DE CARVALHO CALERO



XOGO DAS LETRAS GALEGAS 2020

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos. 

Publicado na revista Lar en 1952.


E se queredes ler o conto...



A POESÍA DE CARVALHO CALERO




ESCAPE ROOM CARVALHO CALERO

Neste xogo terás que ir respondendo para avanzar. Sinxelo pero entretido, coñecerás a Carvalho Calero.



OS MAIOS

A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio, se ben en Ourense faise tradicionalmente o día 3. Tiña antigamente connotacións rituais totémicas á divindade primaveral ou das árbores, que se foron perdendo co paso do tempo.



A celebración das festas de maio é común en moitos países de Europa, onde existen variantes similares da mesma festividade.

A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha árbore ou escultura, chamada maio. Grupos de xente cantan coplas populares (que tamén reciben a denominación de maios), ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas maiolas (castañas secas), noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro.

Propuxemos ao alumnado fecer un Maio. E, certo é, que son ben chulos!!1













CULTURA ORAL

Deixamos un sitio onde amosan unha sección da Literatura de Tradición Oral. Nela poderedes escoitar contos, regueifas, cantos... por persoas maiores, que son en realidade os transmisores da nosa Lingua e Cultura Galegas

Moi recomendable!!

https://www.aelg.gal/Polafias/

GALEGOS E GALEGAS FAMOSOS

Neste portal poderedes coñecer a outras persoas galegas recoñecidas pola súa labor na sociedade.


http://galegos.galiciadigital.com/es

OUTROS ANOS DAS L ETRAS

Queredes lembrar a que outros escritores e escritoras se homenaxeou estes anos pasados?


http://diadasletrasgalegas.galiciadigital.com/

LUZ POZO: TAMÉN NAS NOSAS LETRAS

https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/sete-palabras-para-luz-pozo-garza/

PRIMAVERA DAS LETRAS

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha2.pdf

http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha1.pdf


http://primaveradasletras.gal/o-buscador-de-libros/


http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha4.pdf

http://primaveradasletras.gal/unha-cultura-catro-continentes/

http://primaveradasletras.gal/category/outros-materiais/interactivos/



http://primaveradasletras.gal/o-dia-das-letras/

















TELEXORNAL CARVALHO CALERO


domingo, 10 de mayo de 2020

LECTURAS DE ABRIL

A rapazada de primeiro de primaria leu moito no mes de abril, Mes do Libro.

Ollade cales foron os seus favoritos:


miércoles, 6 de mayo de 2020

MONSTROS DE RISA

O Salón Virtual do Libro amósanos como ri dos monstros de medo....

Boas, familias! Este ano tivemos a sorte de coñecer un ilustrador fantásico, que quedou finalista no III Premio Internacional de Ilustración do Salón. Pedímoslle que participara no Salón Virtual cun obradoiro e el fíxonos unha proposta ben interesante, un método infalible para non termos medo dos monstros. 

E sabedes como? 

Ríndonos deles! 

Quico nolo explica moi ben explicadiño neste vídeo que nos manda desde Noia. Grazas, Quico, desde hoxe veremos os monstros doutra maneira grazas a ti!



PAPAGAIO DE MAIO


A revista "O papagaio" xa saíu neste mes de maio. Podedes ler nela picando na imaxe...


martes, 5 de mayo de 2020

MES DAS LETRAS GALEGAS: CARTEIS E CUESTIONARIO



CUESTIONARIO



MES DAS LETRAS GALEGAS: PRIMARIA

Deixamos actividades para profundizar nos niveis de primaria, despois de ler a biografía. Se queredes, pódense imprimir.

















MES DAS LETRAS GALEGAS: INFANTIL

Ademais das actividades en liña, deixamos outras que, se queredes, podedes imprimir.











MES DAS LETRAS GALEGAS: XOGO


MES DAS LETRAS GALEGAS


O día das Letras Galegas

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia.

Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega.

A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán.

O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.




MES DAS LETRAS GALEGAS: INFANTIL EPRIMARIA


Despois de ler a súa biografía, podedes responder en liña a estas actividades.

EDUCACIÓN INFANTIL                           BIOGRAFÍA 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN INFANTIL                       1º EDUCACIÓN PRIMARIA

5º EDUCACIÓN INFANTIL                       2º EDUCACIÓN INFANTIL

6º EDUCACIÓN INFANTIL


BIOGRAFÍA 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA               BIOGRAFÍA 5º E 6º EP

3º EDUCACIÓN PRIMARIA                                             5º EDUCACIÓN PRIMARIA

4º EDUCACIÓN PRIMARIA                                             6º EDUCACIÓN PRIMARIA


MES DAS LETRAS GALEGAS

O mes de maio non é só o mes das flores...é un mes moi importante para os galegos: festexamos a nosa Lingua, a nosa identidade, a nosa herdanza.

Neste ano 2020 a LETRAS GALEGAS adícanse a Ricardo Carvalho Calero.

Imos ir deixando referencias doutros homenaxeados nesta data, pero hoxe comezamos con el.

Ademais de escritor e poeta, gustáballe moito o teatro.


domingo, 3 de mayo de 2020

HISTORIA CON TÍTULOS...

...seguimos a recibir aportacións do alumnado ao reto "Historias con títulos de libros".

Esta historia fíxoa Alba Failde, 5ºA, espero vos guste tanto como a nós.


CONSTRUÍNDO UN MINIGOLF

E así teremos algo máis en que fedellar mentres seguimos na casiña. Podedes retar ao voso irmán, ou á vosa nai...quen gañará máis puntos?!?!?!?

Imos aló...









sábado, 2 de mayo de 2020

CONTACONTOS CON...

...a profe Ada, de 1ºC, que vai ler o "Conto das parracas e as patacas".


QUEBRACABEZAS

Gústanche os quebracabezas? 

Pois nesta páxina web tes unha morea deles para escoller, co número de pezas que ti elixas...


SUDOKUS

Atréveste cos Sudokus?


PASATEMPOS MATEMÁTICOS

Practicar xogando sempre se aprende mellor, ou non?


A BIBLIOTECA COMO MEDIO DE ENSINANZA E APRENDIZAXE

Este é o momento de facer visibel a importancia da función da Biblioteca escolar. Non é só un lugar que acolle libros, manuais, ordenadores e moitos armarios e estantes.

Todos eses recursos hai que saber utilizalos. Para iso orientan os mestres e mestras e para iso apoia a Biblioteca.

Quedan aquí unha serie de documentos e guías para orientar no traballo diario tanto do alumnado como do profesorado.

E para resolver dúbidas, tamén está a Biblio.



Aprender a buscar na rede con eficiencia from olga rodriguez diaz



XOGOS INTERACTIVOS


CEIP Emilia Pardo Bazán (Vigo)

PASAPALABRA "LIBRO SECRETO"

Un pasapalabra sobre libros, da Biblionova (CEIP Arquitecto Casas Novoa): Grazas!!










X

O TEMPO DO REVÉS

Neste tempo de corentena, as bibliotecas escolares de toda Galicia estamos na procura de actividades e propostas que vos sexan xeitosas e agradables.

Entre unhas e outras pescudamos formatos novos e presentacións diferentes. E entre todas intercambiamos ideas.

"O tempo do revés" é un libro de acceso libre grazas á editorial Bahía e a biblioteca do CEIP Vistahermosa (Ourense) preaparou unha actividade moi boa ao redor deste libro.

Invitámosvos a que leades o libro, que tamén o temos na nosa Biblio, e fagades as actividades que se suxiren.

Adiante!!!