Os alumnos e alumnas de 2º de primaria tiveron o pracer de desfrutar coa visita de Mar Benegas. Esta actividade está incluída dentro do traballo do curso "Lalín en verso", coordinado por Gracia Santorum.
As súas palabras son máxicas e a súa poesía, deliciosa.
"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson
jueves, 28 de mayo de 2015
VISITA DE FRAN ALONSO
Recibimos a visita de Fran Alonso, co motivo do curso "Lalín en verso". Recitou, falou, xogou, encantou.
miércoles, 6 de mayo de 2015
DÍA DO LIBRO
Neste día, ademais de celebrar o noso mercadiño de libros, algo xa tradicional, levamos a cabo unha sesión de homenaxe ao LIBRO na que participaron os grupos de 1º e 2º de primaria.
Primerio limos as obras de referencia nesta data: El Quijote e Rosalía de Castro, que non pode faltar.
E, o mellor de todo, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria leron, contaron e interpretaron lecturas e poemas.

miércoles, 18 de marzo de 2015
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
Estes vídeos están protagonizados polos alumnos de 4ºA e 4ºB, coa axuda dos profes Yolanda e Carlos que fixeron a montaxe.
martes, 24 de febrero de 2015
SEMPRE ROSALÍA
Hoxe é o día grande en Galicia, xunto con outras datas como o Día das Letras Galegas.
Por que?
Pois porque hoxe, 24 DE FEBREIRO, é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a sempre grande Rosalía de Castro.
Hai 178 anos que nacía a maior representante das nosas Letras e da nosa identidade galega.
"María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa». El acta de bautismo que recoge la Fundación de Rosalía de Castro enseña un hecho fundamental que marcaría su infancia. Fue hija de una hidalga venida a menos y un sacerdote (de ahí lo de «padres incógntos») por lo que tuvo que ser su madrina la que se encargara de sus primeros años y la que evitó que entrara en una inclusa."
E aproveitando os recursos e aportacións doutros centros, imos volver sobre Ela.
LIM da Biblio do IES de Meaño LIM da Biblio do CEIP Alexandre Bóveda
Poemas musicados
Unidade Didáctica
Por que?
Pois porque hoxe, 24 DE FEBREIRO, é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a sempre grande Rosalía de Castro.
Hai 178 anos que nacía a maior representante das nosas Letras e da nosa identidade galega.
imaxe de ABC.es
"María Francisca Martínez…fue madrina de una niña que bauticé solemnemente… llamándola María Rosalía Rita, hija de padres incógnitos cuya niña llevó la Madrina y va sin número por no haber pasado por la inclusa». El acta de bautismo que recoge la Fundación de Rosalía de Castro enseña un hecho fundamental que marcaría su infancia. Fue hija de una hidalga venida a menos y un sacerdote (de ahí lo de «padres incógntos») por lo que tuvo que ser su madrina la que se encargara de sus primeros años y la que evitó que entrara en una inclusa."
E aproveitando os recursos e aportacións doutros centros, imos volver sobre Ela.
Poemas musicados
Unidade Didáctica
lunes, 23 de febrero de 2015
ROSALÍA, ROSALÍA
"Has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na beira da fonte;
canta, daréiche
boliños do pote."
lunes, 9 de febrero de 2015
PAZEANDO, PAZEANDO...
Non só houbo mensaxes pola PAZ e para a PAZ, tamén as distintas culturas que estamos a traballar fixeron a súa aportación en prol da PAZ.
Por exemplo, os celtas
Celebramos un pequeno festival afondando nos noso desexos de PAZ. Houbo contos, poemas, vídeos que resaltaban o traballo en equipo, o trato ante as diferenzas que hai que evitar, etc.

miércoles, 28 de enero de 2015
PAZ NO SEU DÍA
Téñense presentes moitos símbolos e frases para a PAZ e a intención segue a ser a mesma...que perdure no tempo.
Un lapis pola PAZ e a LIBERDADE DE EXPRESIÓN:
Cada unha das persoas do centro vai deixando a súa mensaxe pola paz...
Para esta conmemoración o grupo de 4ºB deseñou e pintou un mural aludindo aos valores que temos que ter presentes sempre na nosa vida, así como unha reseña ao acontecido en París na revista Charlie Hebdo:
Un lapis pola PAZ e a LIBERDADE DE EXPRESIÓN:
E tamén recibimos unha sorpresa cando vimos unhas viñetas feitas polo alumnado de 6º. Nelas manteñen a reseña "je suis" e representan a todo o persoal do centro: conserxe, cociñeiros, mestres, etc., cunha frase propia de cada persoa.
Vamos, que xa nos coñecen moi ben....
E para non perder o ritmo, a canción que nos acompaña este ano é....
viernes, 23 de enero de 2015
SALVADOR DALÍ
Hoxe cúmprense 26 anos do pasamento de Eugenio Salvador Dalí.
Para coñecer ou lembrar a súa obra, quédavos aquí a páxina con recursos para traballar, da Fundación Dalí.
Tamén no blog "COMETA AZUL" atoparedes marabillosas ideas.
viernes, 9 de enero de 2015
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Unha vez máis unímonos en contra desta lacra que segue existindo na nosa sociedade, pola que moitos nenos e nenas sufren sendo eles tamén os protagonistas e vítimas destes acontecementos.
Atendendo á temática que se traballa dende a Biblioteca, "As civilizacións, pobos e culturas antigas", entre as distintas clases foise cubrindo un mapa rosa con caras de mulleres de distintas culturas:
Tamén os alumnos de primeiro de primaria puxeron o seu graniño de area. Lembrando como eran as mulleres celtas, fixeron este mural:

MES DA CIENCIA MATEMÁTICA
Durante o mes de novembro fomos levando polas aulas a ciencia e, sobre todo, as matemáticas.
Despois de visionar unha presentación relacionando a arte e a ciencia, realizáronse pequenos obradoiros sobre os teselados e mosaicos (complementando coa súa explicación).
Estas son as sesións en 5º e 6º:

CONTANDO, CONTANDO
Suscribirse a:
Entradas (Atom)