"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

miércoles, 29 de junio de 2022

FOTOGRAFANDO O MEU AMIGO: UN LIBRO

 Na etapa de EI quixeron festexar o Mes do Libro co seu mellor amigo....UN CONTIÑO. E así o recolleron cunhas cantas fotografías:





VISITA SORPRENDENTE: XOSÉ LUNA

 Como desfrutamos coa visita do mestre e compañeiro Xosé Luna. Sempre agarimoso e con moita troula para compartir cos rapaces e rapazas.

E en agradecemento aos seus libros, ás súas verbas sempre dinmámicas e cariñosas, prantou un limoeiro, agasallo do colexio, para telo sempre pretiño de nós.









Agasallounos con palabras saídas do corazón....


DÍA DO LIBRO EN BOA COMPAÑÍA

 Como ven sendo costume, e moi bo costume, o Mes do Libro é de obrigado cumprimento.

A proposta deste ano foi a lectura libre durante máis dunha sesiópn polas aulas.

E acompañar a lectura duns personaxes moi lectores e animados.








Contacontos á rapazada de 1ºEP


PDI: MITOLOXÍA GREGA

 Entre as diferentes mitoloxías existentes, a Grega sempre foi moi coñecida e solicitada. Nas aulas de quinto de primaria fixeron unha fermosa exposición de material e, sobre todo, engalanaron as portas.








DECORACIÓN NADAL E CONTACONTOS

No Nadal decoráronse as portas das aulas e, como todos os anos, organizáronse lecturas polas aulas de infantil.

Alumnado de sexto preparou os contos levando material feito por eles. 


















martes, 21 de junio de 2022

CONTOS CON ODS, ODS PARA TOD@S

 Para coñecer mellor o que nos ofrecen e indican os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, temos esta guía que con contos axúdannos a entendelos mellor.


RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2022

 No verán...os libros van ao mar.

E nós levaremos algúns para non perder as gañas de ler.

E seguiremos a viaxar dende o mellor sofá..



E nunca olvidar a "Diversidade de libros" como "Diversa é a xente"



lunes, 13 de junio de 2022

PDI: A MITOLOXÍA "SÍMBOLOS CELTAS"


Entre as diversas actividae sque se fixeron co tema do PDI, atopamos os símbolos celtas.

Amosamos algúns dos libros propostos para consulta e lectura.









Decoración do ventanal da Biblioteca