"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

jueves, 7 de noviembre de 2019

DÍA DE NEIRA VILAS

Non podíamos deixar escapar este festexo, conmemorar o nacemento do escritor de Gres, Xosé Neira Vilas, o que da nome a nosa Biblioteca.

Engalanouse a entrada do colexio coa figueira, o espantallo e o canciño do libro "Espantallo amigo":

 


 


A prensa quixo saber de nós... pica no Faro de Vigo

La Voz de Galicia Deza


Nas aulas traballaron diferentes libros, contos, artigos...

"O cabaliño de buxo"











jueves, 3 de octubre de 2019

PROXECTO ANUAL

Comezamos con forzas renovadas e o saco cheo de ilusións.

Neste curso traballaremos ó redor do noso patio...por iso o proxecto titúlase:

"PATIOS DINÁMICOS E INCLUSIVOS"

As propostas son:
  • Crear xogos e xoguetes de refugallo.
  • Sacar a Biblioteca ao patio.
  • Acondicionar lugares para que todos aqueles alumnos e alumnas con algunha dificulatade poidan estar cómodos e fóra de perigo.
  • Pintar e distribuír zonas de xogo.
  • Crear máis zonas verdes.
E máis ideas que poidan xurdir ao longo do seu desenvolvemento.

martes, 28 de mayo de 2019

QUERES XOGAR COMIGO? LSE

Este curso, un grupo de mestras, que forman parte do grupo de traballo de LSE (linguaxe de signos), elaboraron un conto con símbolos para alumnado con deficiencia auditiva: "Queres xogar comigo?" de Kalandraka.

Ademais, nalgún grupo-clase tamén se ensinan algún signos para facilitar o achegamento a esta lingua xestual.