"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

sábado, 25 de abril de 2020

MES DO LIBRO: RECOMENDACIÓNS

A profe Patricia, de apoio en EI, déixanos a súa recomendación:

Como andades pequerrech@s?? Espero que moi ben!! Este é un mes moi especial, xa que é o mes do libro!!! Cantas cousiñas aprendemos con eles!! 
A min gústanme moito tantos contos.... Pero hoxe quero falarvos deste, indicado especialmente para Educación Infantil: Sopa verde.
Neste conto está a historia dun coelliño moi san o q só lle gustaban os alimentos de cor verde. Os seus amiguiños levanlle distintas comidas doutras cores, pero nada, el non quere probar. Finalmente, argallan un plan e este coelliño acaba ca barriguiña ben chea!!! 
E un conto que ademais de ver distintos tipos d animais, nos serve para practicar as cores e a asociación de número e cantidade.
Animádevos a desfrutalo tanto coma min cando teñades oportunidade. Moitos bicos e unha aperta enorme!!


Elva está lendo cos seus fillos: Antón un libro de dinosaurios con lanterna, e Martiño le "Quen ven esta noite?". Ela está lendo "Como educar en el feminismo", unha invitación a como ensinar aos nosos fillos e fillas a rexeitar os estereotipos e loitar por unha sociedade máis xusta.


No hay comentarios:

Publicar un comentario