"Para chegar lonxe non hai mellor nave ca un libro" Emily Dickinson

martes, 20 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS

 O 19 de outubro conmemórase a V Edición do Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Nós queremos facer a nosa mención a Anisia Miranda, que aínda que naceu en Cuba, o seu corazón sempre estivo en Galicia, exactamente en Gres.

Foi filla de Faustino Miranda, de Verea, e Teresa Fernández, de Celanova, que emigraron a Cuba en 1927. Anisia estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana. En 1953 a familia colleu un barco que cruzou o canal de Panamá e chegou ao porto chileno de Valparaíso; desde alí, cruzaron os Andes en tren ata chegar a Buenos Aires, onde Anisia rematou Xornalismo.

Nunha conferencia impartida por Ramón Suárez Picallo sobre Rosalía de Castro coñeceu o escritor galego Xosé Neira Vilas, co que casou o 21 de febreiro de 1957, ano no que xuntos fundaron a editorial e distribuidora de libros en galego Follas Novas. Na Arxentina comezou un importante vínculo coa cultura galega, recibindo clases de galegos no exilio como Eduardo Blanco Amor, Alberto Vilanova, Rafael Dieste, Antón Baltar ou Ramón de Valenzuela. Así mesmo, nesa época comezou a verter os primeiros textos de poetas americanos ao galego.

En xuño de 1961 regresou a Cuba, onde colaborou con Alejo Carpentier na revista Pueblo y Cultura e conduciu un programa de radio, sen deixar de escribir, sobre todo no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Foi cofundadora de dúas revistas cubanas dirixidas ao público infantil: Zunzún e Bijirita.

En 1972 viaxou por vez primeira a Galicia, con Neira Vilas, á beira de dous meses. Tras doce viaxes máis de ida e volta, o matrimonio, xa xubilado, regresou definitivamente a Galicia en 1992, para viviren en Gres. Desde 1992 vicepresidiu a Fundación Xosé Neira Vilas.

Obras:
  • Pardela amiga.
  • Os contos do Compay Grilo.
  • A primeira aventura.[3]
  • A casa dos títeres.[4]
  • A volta do Compay Grilo.
  • Mitos e lendas da vella Grecia, 1983, Edicións do Castro.
  • A cama, a bolboreta e o paxariño. A Coruña: Ediciós do Castro, 1998.
  • Cantarolas e contos prá xente miúda. Akal, 1975. Con Xosé Neira Vilas.
  • Cantarolas. Xerais, 1995. Con Xosé Neira Vilas.


Outras mulleres destacables que podedes coñecer: (Recurso da biblio "San Paio" de Tui.)




No hay comentarios:

Publicar un comentario