Ai! Como me gustan as festas e as celebracións! E o que máis, as vésperas! Cando empeza ese formigueo na barriga provocado polas ansias de que chegue por fin ese día tan esperado.
Iso foi o que sentín hoxe mentres percorría os corredores do cole cheíños de caveiras, catrinas, cintas e flores.
Porque... por se alguén aínda non se enterou, mañá imos celebrar o Samaín. Si, si, O SAMAÍN. Esa festa na que uns e outros nos disfrazamos coa intención de asustar aos demais. Que divertido!
Como somos un centro multicultural, este ano decidimos dedicar ese día ao Día dos Mortos, unha tradición mexicana que xa está estendida por moitos outros países latinoamericanos.
Sobre iso, teño que dicirvos que na biblioteca podedes atopar a película COCO e máis o seu libro.
Pero, se ademais estades dispostos e dispostas a pasar un día de medo, recoméndovos que collades calquera destes libros terroríficos.
A ver mañá que sorpresas nos agardan !
No hay comentarios:
Publicar un comentario